Castrapiza - Tradutor galego-castrapo

Subvencionado por la Junta de Galicia Bilingüe

O galego é a lingua propia de Galiza onde é falada por uns 2,4 millóns de falantes. Á parte de en Galiza, a lingua fálase tamén en territorios limítrofes con esta comunidade, así como pola diáspora galega que emigrou a España, a América Latina, aos Estados Unidos, a Suíza e a outros países de Europa.
O castrapo é unha variedade de castelán falado en Galiza que se vale de xiros, trazos e expresións propias da lingua galega. Este fenómeno xurdiu pola castelanización de Galiza e a imposición da lingua castelá, proceso secular que decote se denomina Doma e Castración do Reino de Galiza. O galego perdeu oficialidade e durante o período que hoxe se coñece como os Séculos escuros non se aprendía nas escolas, nin se usaba nas igrexas, nin en ningún dos demais ámbitos públicos e administrativos, quedando reducido ao núcleo familiar, se ben en ningún momento perdeu a súa condición de lingua maioritaria de Galiza.
O castrapo tamén é a lingua pública usada por moitos políticos residentes no país que consideran o galego unha lingua de pailáns, innecesaria e molesta para a completa asimilación do Antigo Reino de Galiza na Coroa dos Borbóns (véxase http://www.terraetempo.gal/artigo.php?artigo=193&seccion=13, https://www.amesa.gal/noticias/noticias-da-mesa/a-mesa-rexeita-a-pretension-de-marnotes-de-incluir-pulpo-no-dicionario-galego e https://cartaxeometrica.blogspot.com/2012/03/feijoo-destrozando-o-galego.html).

Check out this AI image generator 👈 completely free, no sign-up, no limits.


LingoJam © 2024 Home | Terms & Privacy